|
Expertos en telecomunicacións e novas tecnoloxías debateron sobre os últimos avances durante a Xornada de Innovación organizada por Telefónica e Ineo na Confederación de Empresarios de Pontevedra. O Presidente da Comisión de Innovación de INEO, Javier Álvarez Osuna, na súa conferencia O desafío de Darwin e facendo un símil coas teorías evolutivas do naturalista inglés, subliñou o importante que é para as empresas innovar constantemente, tanto en produtos como en procesos. Ademais, "os equipos directivos de cada compañía", como resaltou Álvarez Osuna, "deben elixir o tipo de innovación máis adecuado á súa situación e aproveitalo tan exhaustivamente como poidan, para poder crear unha gran diferenciación ante os seus competidores directos".
|
|
|
O software de xestión de corredores de seguros Dynamic SEG V3, elaborado pola empresa socia Dynamic Soft, dispón de mecanismos que permiten dar cumprimento ás medidas de seguridade de nivel básico esixidas no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos Persoais. Así consta no certificado expedido á empresa a comezos deste mes de xaneiro e con vixencia durante un período de tempo ilimitado para esta versión. A conformidade do certificado fai referencia en concreto ás seguintes áreas: identificación e autenticación, control de acceso, copias de respaldo e de recuperación, telecomunicacións e tratamentos especiais.
|
|
|
Artemis TI completou o proxecto realizado en colaboración con INEO de Certificación na norma ISO/IEC 27001. Recentemente foi auditada pola filial en España do BSI entidade autora das normas que deron orixe ao estándar ISO/IEC 27001, que a propuxo para a súa certificación pola Central no Reino Unido, rexistro no que, até a data, figuran un reducido número de empresas españolas e é a primeira galega.
|
|
|
A iniciativa parte das empresas Quobis e Netex.
A idea é celebrar unha reunión que sirva como xerme dun grupo de traballo de exportación TIC galego, dirixida a todas as empresas galegas do sector que teñan implementadas liñas de traballo de internacionalización ou que queiran avanzar nese campo.
Esta reunión terá lugar o vindeiro xoves 11 de Febreiro ás 15:30 h., no Auditorio Obradoiro do Centro On de Caixa Galicia, Rúa Nova 33, Santiago de Compostela.
|
|
|
Arteixo Telecom pasou a ser unha compañía cento por cento galega tras a operación de compra-venda de accións pola cal o grupo de directivos Global Dez, S.L. fíxose co 20% do capital que posuía a sociedade madrileña Gesprotel, S.L. Como resultado desta operación, o accionariado de Arteixo Telecom, S.A. pasa a estar composto por Global Dez, S.L., co 71% do capital, e Intelega, S.L., co restante 29%. Ambas as sociedades teñen o seu domicilio en Galicia.
|
|
|
Mediante a obtención da certificación ISO 27001 e do selo IQNET, AVANZAS pasa a formar parte dun exclusivo número de empresas que dispoñen de calidade acreditada nos Sistemas de Xestión e en Seguridade da Información. Dous ámbitos nos que se encadra a totalidade dos produtos e servizos da empresa. A obtención destas dúas certificacións é unha mostra do esforzo de AVANZAS pola mellora continua no servizo ao cliente e unha maior garantía de calidade nos produtos ofertados.
|
|
As novas certificacións, que se suman a outras obtidas con anterioridade, contribúen á aposta decidido de BALIDEA pola excelencia e a mellora continua dos seus servizos. Só un reducido número de organizacións de toda España están certificadas coa norma ISO 27001, un selo de calidade que proporciona o marco para un Sistema de Xestión da Seguridade da Información (SGSI). ISO 20000, pola súa banda, é o estándar máis recoñecido a nivel mundial para garantir a calidade dos servizos en base a un plan estruturado de desenvolvemento dos servizos de Tecnoloxías da Información (TI).
|
|
|
O Cluster TIC de Galicia, do que Ineo forma parte como entidade promotora, vén de celebrar a súa primeira Asemblea Xeral Ordinaria tras concluír os procesos de legalización de estatutos e rexistro como asociación oficial. Durante a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 14 de xaneiro, que tivo un carácter eminentemente informativo, aprobáronse practicamente por unanimidade, salvo un par de abstencións, os principais puntos da orde do día: a votación do regulamento, o informe de actividades e a votación do regalmento específico que rexerá a Asemblea prevista para o próximo 11 de febreiro. Nesta última, con carácter extraordinario, se elixirán a presidencia e os membros do Comité Estratéxico.
|
|
|
Coremain, empresa socia de Ineo, organiza unha xornada o vindeiro xoves día 14 de xaneiro na que presentará as últimas novidades en virtualización da man de HP, Intel e VMware. Nela explicarase como o cambio dos servidores e o almacenamento das empresas a unha infraestrutura compartida e dinámica pode reducir custos e mellorar a infraestrutura TIC da empresa. A xornada celebrarase na sede de Coremain (Parque Empresarial Costa Vella, Rúa de Amio 128. Santiago de Compostela) e a asistencia é gratuíta previa confirmación a través de correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
) ou no teléfono 902 905 590 (Mariam Ron).
|
|
|