Estás en: Ineo arrow Axenda

Axenda
Mes anterior Dia anterior Próximo día Próximo mes
Ano Mes Semana Hoxe Buscar Ir ó ...
Melloras para mellores empresas Imprimir
Xoves, 04 Febreiro 2010, 09:30 - 14:00

APD colabora con Believe In You (BIU) na celebración deste encontro, que tamén conta coa colaboración de Caixanova, Coca-Cola, Eloxia Media, Frutas Nieves, Gradiant, Vindeira e Feuga, no que se presentará aos asistentes, da man de recoñecidos profesionais, modelos innovadores de management que xa se aplican con éxito en empresas galegas.
 
A través de formatos novos e do intercambio de experiencias, cun enfoque eminentemente práctico, esta xornada divulgará as últimas tendencias en xestión de Persoas e Contornas, baixo o prisma da innovación.
 
Así mesmo, a cita inclúe un encontro de profesionais cun formato novo, o Speed Networking, un modelo de intercambio para empresas e profesionais que desexen ofrecer os seus servizos e produtos, buscar novos provedores, socios ou simplemente ampliar a rede de contactos.

A asistencia é gratuíta aínda que o aforamento é limitado. 
        
Consultar programa e inscribirse.

 

Enderezo: Centro Social Caixanova. Policarpo Sanz 24-26, Vigo
Contacto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Sello Calidad   logo emas