Estás en: Ineo arrow Axenda

Axenda
Mes anterior Dia anterior Próximo día Próximo mes
Ano Mes Semana Hoxe Buscar Ir ó ...
Curso oficial BCI en Principios e Boas Prácticas de Continuidade de Negocio Imprimir
Desde Luns, 08 Marzo 2010 -  08:00
Ata Venres, 12 Marzo 2010 - 17:00
Tódolos días

A formación oficial BCI que ofrece SGS consiste de 5 módulos dun día de duración por cada un deles:

BCM Principios: Política, programa de xestión e cultura
BCM Análise: Entendendo a Organización
BCM Deseño: Determinación de estratexias BCM máis adecuadas
BCM Prácticas: Desenvolvemento e Implantación da resposta BCM
BCM Prácticas: Executar, Manter e Revisar o BCM

Os módulos cobren a totalidade dos contidos das boas prácticas do BCI.
A asistencia dos interesados poderá realizarse segundo  a fórmula:
- Semana completa para os 5 módulos (40h.)
- Día/s específico/s por separado (8h./día)
O curso estará dirixido por un formador especializado en BCM (idioma español e inglés dispoñible).O material do curso está dispoñible no idioma español/inglés.


Dirixido a:
- Consultores e Xerentes de continuidade de negocio.
- Responsables de Xestión de Riscos.
- Responsables de Calidade.
- Directores de TI.
- Profesionais de Seguridade da Información.
- Auditores que serán responsables de auditar operacións de continuidade de negocio.

Titulación
Os asistentes recibirán un certificado acreditativo de asistencia en cada módulo.
Os interesados en obter a titulación oficial CBCI deberán someterse a un exame de 120 preguntas de 2 h. de duración nun centro oficial recoñecido (consultar centros SGS) previo pago das taxas oficiais BCI que dan dereito ao exame.
A formación modular (total ou parcial) non constitúe un requisito obrigatorio para presentarse ao exame oficial CBCI, aínda que si é unha práctica habitual recomendada para asegurar o éxito.
Os interesados en obter a titulación propia SGS como Auditor Xefe en BS 25999-2 poderán someterse a un exame de 2 horas unha vez finalizada a formación completa e obrigatoria de 40h.

Tarifas vixentes
Os asistentes recibirán un certificado acreditativo de asistencia en cada módulo.
5 Módulos - Curso BCI completo (40h) 1.050 €
1 Módulo independente (8h.)    400 €
Exame de certificación - Taxas BCI    350 €
Enderezo: Paseo de la Castellana, 182 - 9ª Planta CP: 28046 (Madrid )
Contacto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver / Tel.: (91) 353 25 00

Zona privada

Eventos

Ningún evento
Sello Calidad   logo emas