Estás en: Ineo arrow Axenda

Axenda
Mes anterior Dia anterior Próximo día Próximo mes
Ano Mes Semana Hoxe Buscar Ir ó ...
Conferencia transnacional sobre "Clusters, políticas de clusters e redes de innovación en Europa" Imprimir
Desde Xoves, 11 Marzo 2010 -  11:30
Ata Venres, 12 Marzo 2010 - 18:00
Tódolos días

A primeira conferencia transnacional sobre "Clusters, políticas de clusters e redes de innovación en Europa", organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ten como obxectivo dar a coñecer as mellores prácticas de colaboración en materia de clusters e innovación no Espazo Europeo, para incrementar, deste xeito, a súa competitividade no mercado global. A conferencia enmárcase no seo do proxecto de cooperación "AT CLUSTERS: cluster e meta-cluster rexionais e multirrexionais no Espazo Atlántico", que coordina o Igape como xefe de fila. 

Os asistentes a esta conferencia, especialmente orientada a representantes de clusters e agrupacións empresariais galegas, poderán acceder a coñecementos sobre as diferentes alianzas e proxectos europeos nas materias de clusters, innovación e redes europeas. O encontro contará coa presenza de representantes de redes europeas como CLUNET, European Cluster Policy Groups, European Cluster Observatory, INNET e TACTICS, entre outras redes e organizacións de prestixio internacional neste ámbito, ofrecendo un panorama amplo, de modo que empresas, organizacións e administracións poidan explorar intereses e posibilidades de participación, colaboración e desenvolvemento de iniciativas a partir do coñecemento adquirido e das interrelacións xeradas durante o evento.  De feito, para favorecer esta posibilidade coordinaranse encontros bilaterais e/ou sectoriais, proveendo aos asistentes unha axenda a medida.

O acceso ás xornadas será gratuíto, con aforamento limitado e previa  inscrición na páxina http://xornadas.igape.es/.

Descargar programa da conferencia.

Enderezo: Santiago de Compostela, Hostal de los Reyes Católicos

Zona privada

Eventos

Ningún evento
Sello Calidad   logo emas