| Xornada TIC to Market |
|
|
|
Mércores, 24 Xuño 2009, 09:30 - 14:30 |
|
|
|
Ineo organiza unha xornada coa que ofrece aos seus socios a oportunidade de coñecer cales son as necesidades doutros sectores productivos galegos as que o sector TIC pode aportar solucións.
O obxectivo é que as empresas galegas do sector TIC agrupadas dentro da asociación Ineo coñezan de primeira man en que poden axudar ás empresas doutros sectores e, ao mesmo tempo, accedan as novas oportunidades de negocio.
Para iso , está previsto que na xornada interveñan representantes dos clusters galegos da madeira, da acuicultura e da enerxía así como os representantes das Plataformas Tecnolóxicas Galegas de cada un destes sectores.
|
Enderezo: Sede de Ineo. Auditorio Consorcio Zona Franca de Vigo
Contacto:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|