| Santiago de Compostela: Maritime Transport and Innovation Brokerage Event |
|
|
Desde Wednesday, 20 June 2012 Ata Thursday, 21 June 2012 Tódolos días |
|
|
|
O 20 e 21 de xuño celébrase en Santiago de Compostela o Maritime Transport and Innovation Brokerage Event (MIBE2012).
O evento, organizado pola Xunta de Galicia, Auxnavalia PLUS e ETNA, en colaboración co CDTI e WATERBORNE, constitúe unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man as prioridades das próximas convocatorias do Sétimo Programa Marco (FP7) no tema transporte, establecer contactos e compartir experiencias con outros axentes europeos vinculados á industria marítima, así como explorar posibles vías de colaboración para o desenvolvemento de solucións innovadoras aplicadas a mellorar a competitividade da industria marítima europea.
Á última edición do evento, celebrado en Londres, asistiron uns 150 participantes de toda Europa.
O prazo par inscribirse na edición deste ano estará aberto ata o 3 de xuño de 2012.
Para máis información e inscrición
|
Enderezo: Sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. R/Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela
Contacto: MIBE 2012 Secretary Tlfnos: 981 957 015 / 981 957 043 / 981 541 079 e-mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|