| Vigo: INEO Market co sector portuario |
|
|
|
Tuesday, 11 September 2012, 17:00 - 19:30 |
|
|
|
| O 11 de setembro celebrarase unha nova edición de INEO Market, unha tipoloxía de eventos para
achegar os socios ós diferentes clientes/sectores obxectivo co fin
de identificar oportunidades de negocio e posicionar os seus
produtos/servizos TIC. A sesión de traballo será con empresas e axentes do sector portuario.
Como é ben coñecido, Galicia destaca como rexión económica nos
sectores relacionados co mar. Sen embargo, como se poñía de
manifesto na Xornada de Networking celebrada o pasado 14 de maio , os investimentos en tecnoloxía por parte das empresas deste sector realízanse principalmente no estranxeiro.
Unha das mesas de traballo que máis interese suscitou na referida xornada do 14 de maio foi a do Porto de Vigo; é por iso que en
INEO decidimos celebrar unha xornada para tratar especificamente os problemas dos portos que poden ser resoltos a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
A presente edición do INEO Market incluirá o relatorio Necesidades tecnolóxicas dos portos e 3 mesas de traballo específicas sobre:
- Necesidades tecnolóxicas no porto de Vigo
- Necesidades tecnolóxicas nos portos secos
- Novas liñas de I+D en Loxística Marítima.
O encontro desenvolverase no Salón Galicia da CEP (Avda. García Barbón, 104, Vigo).
Nel participarán representantes da propia CEP, do Clúster de
Tecnoloxía do Campus do Mar de Vigo, do Porto de Vigo e do
Consorcio Zona Franca de Vigo.
A asistencia á xornada é aberta, gratuíta para os socios
de INEO e para os asistentes que pertenzan a algunha das entidades
participantes colaboradoras. O custo para os non asociados é de 40€
(máis IVE). A inscrición debe formalizarse chamando ó 986112570 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
indicando nome e apelidos da persoa que asiste, así como os seus datos de contacto e a empresa á que pertence.
Accede aquí ó programa definitivo do INEO Market do 11 de setembro
|
Enderezo: Salón Galicia da CEP (Avda. García Barbón, 104, Vigo)
Contacto: Tlfno: 986 112 570 mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|