Estás en: Ineo
E-administración
Ineo participa no Observatorio da Lingua Galega
| Relación coa administración |
| Agenda |
| Descargas |
| Colaboración | |||
| 21/06/2008 Ineo participa no Observatorio da Lingua Galega |
|
|
|
|
A Secretaria Xeral conta con Ineo como asociación de referencia no ámbito das TIC
Ineo participou o pasado 20 de xuño na presentación do Observatorio da Lingua Galega, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia) para coñecer a situación actual desta lingua na sociedade galega. Con este observatorio trátase de impulsar a creación dun instrumento operativo e áxil que faga posible obter un coñecemento de primeira man sobre a situación do galego na nosa comunidade e que, ao mesmo tempo, permita facer comparacións dos usos lingüísticos nos diferentes ámbitos da sociedade. É neste último onde a Secretaría Xeral quixo contar con Ineo como representación do sector de TIC de Galicia solicitando a súa colaboración para participar no panel de escoita neste ámbito. Entre as conclusións que se obteñen deste estudo destaca o uso maioritario do castelán no desenvolvemento de produtos de software por parte das empresas (80%), mentres que só o 12,5% dos produtos deste ámbito se desenvolven en galego. O 8,8% restante correspóndese co desenvolvemento de software noutros idiomas. A grandes trazos, no ámbito das TIC o uso do galego conta cunha presenza moi reducida, tanto nas interfaces dos programas informáticos coma nas páxinas web e os correos electrónicos. Esta presenza reducida do galego nos produtos de software vendidos no último ano en Galicia pon de manifesto na facturación das empresas, que procede, en boa medida, de produtos vendidos en castelán. Constátase unha falta de demanda do mercado privado de produtos de software en galego, o que explica que existan poucas aplicacións e programas nesta lingua. Á vista destes datos, dende Ineo non só queremos situarnos como observadores, senón que tamén participamos en varias iniciativas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para inverter esta situación no sector das TIC. A semana pasada informamos da entrega dos premios Microsoft dentro da celebrada campaña “Faille un clic ao galego”, na que colaboramos e que fixo posible a descarga de máis de 11.000 interfaces do Windows Vista en galego. |
| Ningún evento |