Estás en: Ineo
Sectores empresariais
Rafael Valcarce é nomeado presidente de AETIC en Galicia
| Relación cos sectores empresariais |
| Descargas |
| Competitividade | |||
| 13/05/2008 Rafael Valcarce é nomeado presidente de AETIC en Galicia |
|
|
|
|
O presidente de Arteixo Telecom e membro da Xunta Directiva de Ineo releva no cargo a Ramón M.ª Lois Santos
Rafael Valcarce, presidente de Arteixo Telecom e membro da xunta directiva de Ineo, acaba de ser nomeado presidente do Consello Territorial en Galicia de AETIC, relevando a Ramón Mª Lois Santos, representante da empresa Televés, que pasa agora a ocupar unha das vicepresidencias. Rafael Valcarce Baiget é arquitecto técnico pola Universidade de Madrid, conta cun mestrado en Dirección de Empresas e Mercadotecnia pola Escola Europea de Negocios e é técnico de inspección inmobiliaria do Ministerio de Economía y Hacienda. A súa carreira profesional estivo ligada ao mundo das telecomunicacións dende os seus inicios. É socio fundador do Clúster TIC de Galicia e contribuíu á extensión do Servizo Universal de Voz no medio rural de Galicia. Foi tamén vogal e secretario da Comisión Mixta e de Transferencias entre o Goberno central e a Xunta de Galicia. En 1996 impulsou a refundación da empresa que agora dirixe e que conta xa con máis de 200 traballadores. Arteixo Telecom, empresa galega dedicada ao deseño e a fabricación de equipos de telecomunicacións, obtivo no exercicio de 2007 uns beneficios antes de impostos de 805.229 euros, un 41% máis que o ano anterior. A compañía superou no 2007 os 19,6 millóns de euros en volume de vendas, o que supón un incremento do 25% con relación ao ano anterior. |
| Ningún evento |