Estás en: Ineo arrow Innovación arrow España, cuarto país da UE en investimento institucional en I+D+i

Socios

image61 image22 image83 image53 image28 image15 image58 image27 image96 image37 image47 image66 image21 image57 image67

Enlaces

logo smart.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image35 image9 image21 image20 image3 image18 image2 image25 image23 image16 image30 image31 image27 image5 image1
26/04/2008 España, cuarto país da UE en investimento institucional en I+D+i PDF Imprimir Correo-e
O estudo realizado por Eurostat revela o forte crecemento do sector público en I+D entre o 2000 e o 2005

España logrou situarse no cuarto posto do conxunto da Unión Europea en gasto público dedicado a investigación e desenvolvemento en relación co seu produto interior bruto (PIB). O estudo "Ciencia, tecnoloxía e innovación en Europa", publicado o pasado 10 de marzo por Eurostat, sinala que o gasto total realizado por todas as administracións públicas en España ascendeu ao 0,85% do PIB en 2005, o que a sitúa por riba da media da UE (0,74%). Soamente os gobernos de Finlandia, (1.03%), Francia, (0,93%) e Suecia (0,89%) realizaron un esforzo maior, segundo o estudo da oficina de estatísticas da Unión Europea. O orzamento de Estados Unidos dedicou unha cifra equivalente ao 1,06% do seu PIB ás actividades científicas e de desenvolvemento.

Antonia Mochan, voceira de Ciencia e Investigación da Comisión Europea, comentou que estes datos "confirman que España está a cumprir cos programas e compromisos en materia de investigación e desenvolvemento". Mochan di que os datos do informe revelan "o forte crecemento rexistrado polo sector público en I+D entre 2000 e 2005, a un ritmo do 15,3% anual, o dobre que a economía". Durante este mesmo período, o crecemento medio da UE foi do 3,7%.

En termos absolutos, cinco Gobernos europeos achegan o 80% do total do gasto público da UE. Alemaña encabeza esta lista con 17.221 millóns de euros, seguida de Francia (15.950), Reino Unido (12.950), Italia (10.309) e España (7.740).

Pedro Marín, director xeral da Oficina Económica do presidente do Goberno, sinalou o forte aumento do peso do gasto público en I+D en España, que pasou do 0,60% do PIB en 2000 ao 0,85% en 2005. "Estas cifras teñen un efecto de arrastre na investigación efectuada polo sector empresarial, parte da cal é financiada polas administracións públicas". Marín asegura que "cando se coñezan os datos dos dous últimos anos, se apreciará mellor o esforzo realizado".

Eurostat publicou tamén os datos do gasto global (sector público e empresarial) do conxunto da UE correspondentes a 2006. España situouse no 1,16% do PIB, aínda por debaixo da media europea (1,84%), o que indica a debilidade da I+D empresarial. Esta publicación non recolle, con todo, as últimas cifras de España, publicadas o pasado mes de novembro polo Instituto Nacional de Estadística, que fixaron o gasto en I+D en 2006 en 11.815 millóns de euros, o 1,20% do PIB e un crecemento do 16% respecto ao ano anterior. É significativo, con todo, que mentres o gasto na UE descende respecto de 2000, que alcanzou o 1,86% do PIB da UE, en España aumentou o 27% dende aquel ano.

Con este estancamento do gasto en investigación e desenvolvemento, á UE resultaralle moi difícil cumprir o obxectivo de destinar o 3% do PIB a investigación e desenvolvemento, establecido para 2010 na Estratexia de Lisboa. Un obxectivo necesario para competir cos Estados Unidos e cos países emerxentes, como China e India.

 

Zona privada

Axenda

« < Xullo 2010 > »
L M M X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Eventos

Ningún evento

Destacados

Renovación Tecnológica
Microsoft

Sello Calidad   logo emas