Estás en: Ineo arrow Arteixo Telecom, empresa socia, xa é cento por cento galega

Socios

image28 image15 image97 image75 image78 image16 image95 image59 image50 image44 image39 image98 image53 image64 image76

Enlaces

logo smart.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image31 image8 image5 image16 image21 image35 image12 image30 image27 image3 image1 image2 image18 image9 image20
25/01/2010 Arteixo Telecom, empresa socia, xa é cento por cento galega PDF Imprimir Correo-e

arteixo telecom.png

Arteixo Telecom pasou a ser unha compañía cento por cento galega tras a operación de compra-venda de accións pola cal o grupo de directivos Global Dez, S.L. fíxose co 20% do capital que posuía a sociedade madrileña Gesprotel, S.L. Como resultado desta operación, o accionariado de Arteixo Telecom, S.A. pasa a estar composto por Global Dez, S.L., co 71% do capital, e Intelega, S.L., co restante 29%. Ambas as sociedades teñen o seu domicilio en Galicia.

Desde a súa entrada en Arteixo Telecom no ano 2000, Global Dez, o grupo de directivos encabezados por Rafael Valcarce Baiget, foi consolidando a súa posición na compañía, á vez que esta avanzaba nos seus obxectivos de relanzamento e consolidación do negocio. En 2008, a participación de Global Dez alcanzou o 51%, tras a desinversión da sociedade de capital risco Sodiga.
O acordo de compra?venda de accións selado agora entre Gesprotel e Global Dez supón a saída do accionariado de Arteixo Telecom da primeira sociedade e a elevación da participación da segunda desde o 51% até o 71%. Intelega, pola súa banda, mantén a súa participación do 29%.
"Por primeira vez na historia de Arteixo Telecom, podemos dicir que a compañía é cento por cento galega, e isto supón un fito do que sentimos orgullosos. Estamos a demostrar que desde Galicia se pode innovar e desenvolver tecnoloxía para competir sen complexos nos mercados globais. Seguiremos traballando pola consolidación do sector ETIC galego e por impulsar na nosa comunidade autónoma un modelo económico baseado na produtividade, o valor engadido e o desenvolvemento sustentable", sinalou Rafael Valcarce, director xeral e presidente de Arteixo Telecom.

 
Sello Calidad   logo emas