- Ineo desexa que a súa empresa medre dentro da asociación de referencia do sector TIC en Galicia, ofrecéndolles aos seus asociados numerosas vantaxes en cuestións de mercado, innovación e cooperación.
- A capacidade das empresas asociadas para conectar connosco, intercambiar experiencias a través de Ineo e cooperar serviu para situarnos como un sector clave para a transformación de Galicia.
- A súa empresa pode participar activamente no desenvolvemento do sector TIC facéndose socia de Ineo. Deste xeito gozará de todas as vantaxes competitivas que Ineo ofrece a través dos seus servizos, contribuíndo a situar a súa empresa no máis alto do sector das tecnoloxías da información e da comunicación.
- Fágase socio remitíndonos os impresos de adhesión tras solicitarllos a Ineo ben por e-mail ao enderezo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, ben por teléfono ao 902 905 510.
- Ineo proporciona importantes descontos a empresas con menos de dous anos de antigüidade para facilitar a representación de todas as TIC galegas, dende o momento da súa constitución, axudándoas a crecer e facilitando dende o primeiro momento a súa incorporación á Asociación TIC máis importante de Galicia.
- Todos os asociados teñen a posibilidade de fraccionar as cotas, tanto a de entrada coma a anual, de forma mensual, sen ningún tipo de interese aplicado.
- Debido á cantidade de servizos prestados aos seus asociados, as cotas de pertenza á asociación quedan practicamente cubertas nos primeiros meses de pertenza a ela.
- Fágase socio de Ineo e inicie o seu camiño cara á excelencia empresarial.
|