- Ineo é unha asociación de empresas que colaboran implicándose de forma activa e sostida no desenvolvemento do seu ámbito socioeconómico, promovendo a implantación das tecnoloxías da información e da comunicación, a innovación baseada na xestión do coñecemento e a aprendizaxe permanente como elementos clave para competir nun contexto de mercado global.
- Para os sectores empresariais, Ineo ten como prioridade a mellora continua do nivel de competitividade das empresas. Para iso, promove a colaboración entre as TIC favorecendo o desenvolvemento das solucións adaptadas aos distintos sectores e partindo da base de que as TIC son un sector clave para favorecer e potenciar as empresas de calquera sector. Neste sentido, dende Ineo levamos a cabo distintas actuacións:
- difundimos as vantaxes e beneficios da aplicación das TIC nos diferentes sectores empresariais
- realizamos accións de aumento e optimización dos recursos cos que contan as empresas TIC
- fomentamos a apertura a novos mercados a través da promoción e cooperación en proxectos conxuntos
- formamos os profesionais e implantamos certificacións nas empresas TIC
- Deste xeito, Ineo convértese para os sectores empresariais nun órgano asesor no desenvolvemento da economía e dos sectores empresariais mediante o aproveitamento das TIC.
- Ineo pretende ser para as administracións unha fonte cualificada de emisión de información mediante a realización de diferentes estudos e informes en relación co sector das TIC en Galicia. Dende a asociación, estamos en posición de asesorar iniciativas que poidan poñer en marcha os diferentes órganos administrativos, poñendo á súa disposición datos de valor acerca das empresas TIC galegas.
- Para os profesionais do sector TIC, Ineo funciona como un orientador de tendencias. A través da nosa asociación poden obter unha referencia clara de cal é a posición do sector nestes momentos e tamén de cara a onde camiña ou que cambios poden darse nun futuro. Os datos dos que dispoñemos en Ineo proporciónannos unha visión global que lles permite aos profesionais unha adaptación continua ás distintas novidades e unha formación adecuada no mesmo sentido.
- Para a universidade somos a asociación de referencia do sector TIC galego e agrupamos unha serie de empresas nas que poden inserirse os profesionais futuros que agora se están a formar nas súas aulas. Representamos tamén o ámbito de aplicación dos diferentes proxectos e estudos nos que traballan investigadores e grupos de traballo das universidades. A nosa asociación proporciónalles ás universidades unha información de gran valor en canto ás necesidades que cubrir nas empresas que poden orientar a elaboración de plans de estudo, mestrados, posgraos…
- Para os socios, a adhesión a Ineo significa pasar a formar parte da asociación de referencia do sector TIC en Galicia, con todas as vantaxes que isto leva consigo: a mellora da comercialización e promoción dos seus produtos e servizos, a apertura a novos mercados, a mellora da xestión dos seus recursos humanos, a obtenci&oacut
e;n dun amplo asesoramento ou a formación en distintas materias, entre outras. Trátase de formar parte dun órgano que promove o crecemento das empresas a través da cooperación interna e a prestación dun amplo conxunto de servizos en todas as áreas empresariais.
|