GUÍA SOLUCIÓNS TIC: Ineo apostou pola creación desta guía como unha ferramenta básica que axude ás empresas, sexa cal sexa o seu sector e a súa estrutura, a diagnosticar as súas necesidades e, segundo este diagnóstico, coñecer as solucións TIC que pode adoptar. Esta guía permite a consulta dun amplo directorio de empresas asesoras tecnolóxicas que sirvan de axuda na implantación de solucións TIC. Ao mesmo tempo, informa dos principais apoios e subvencións á disposición das empresas en función das súas necesidades.O obxectivo deste proxecto non é outro que o de aumentar a competitividade das empresas no mercado, así como dar información sobre os principais instrumentos de financiamento.
GUÍAS SECTORIAIS: Ineo traballa cos sectores empresariais para elaborar guías específicas das mellores solucións TIC para cada un dos sectores.Trátase dunha presentación conxunta de produtos e servizos de Ineo a uncolectivo en concreto que lles permita ás empresas coñecer as ferramentas e osasesores TIC específicos para o seu sector, aumentando a competitividade da súa empresa coa axuda das TIC.
PARTICIPACIÓN EN FEIRAS: A participación en feiras e eventos do sector permitirá a adquisición de coñecemento sobre outros mercados nacionais e internacionais e tamén sobre as tendencias tecnolóxicas do momento. O obxectivo é potenciar a visibilidade das nosas empresas acudindo aos eventos nos que se presentan as principais innovacións e nos que é posible identificar liñas de colaboración con provedores de produtos tanto a nivel nacional coma internacional. Para iso, Ineo participa en diferentes feiras do sector TIC (SIMO, CBIT futuro) e tamén doutros sectores (MADERALIA, TECNIMAP...).A participación en feiras sectoriais permítelles ás empresas coñecer de primeira man as necesidades dos clientes para poder ofertar novos produtos ou desenvolver novos mercados.
ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN: Ineo veu desenvolvendo e apoiando a Administración e os sectores na difusión da implantación das solucións que poidan promover a competitividade. Destacan:
Xornadas sobre solucións de seguridade con INTECO
Almorzos tecnolóxicos. Presentacións de solucións sectoriais
ENCUENTRA TIC en colaboración co Club Financiero de Vigo. Trátase de presentacións de empresas que colaboraron dentro de Ineo e que teñen algún produto conxunto