Estás en: Ineo arrow Vantaxes e servizos

Vantaxes y servizos PDF Imprimir Correo-e

Estar en Ineo achega diversas vantaxes dirixidas á mellora do nivel de competitividade e rendibilidade das empresas TIC galegas para que, de forma conxunta, poidan facer fronte aos retos dunha economía globalizada.

Para iso desenvolvéronse unha serie de servizos que se encamiñan á apertura de novos mercados ou negocios, á capacidade de innovación ou ao desenvolvemento de actividades e proxectos de cooperación.

  • MERCADO
    • PROXECCIÓN EN MERCADOS
      • 1.  Participación na Guía de solucións TIC de Ineo, dispoñible en formato web e papel. A súa divulgación realizarase entre as principais webs empresariais, entre a Administración, entre as asociacións empresariais ou no ámbito da universidade, entre outros.
      • 2.  Participación na Guía de solucións TIC sectorial ou segmentos de mercado concretos. Crearanse en formato papel e web, elaborándose cos produtos das empresas socias segundo os sectores empresariais e distribuíndose a través de clústers, asociacións empresariais, Administración, etc.
      • 3. Participación en boletíns de información dirixida aos sectores empresariais e tamén á Administración. Ineo funciona como plataforma de difusión de proxectos e actividades que parten dos socios e que se dan a coñecer a través destes boletíns informativos.
      • 4.  Promoción de eventos e actividades dos socios, a través das bases de datos de Ineo, segundo a tipoloxía e os contidos da información e de acordo coas normas de utilización destas bases.
      • 5.  Participación conxunta e agrupada en eventos do sector TIC e non TIC autonómicos e nacionais onde se poidan dar a coñecer os produtos e servizos a clientes potenciais.
      • 6. Presentación en condicións preferentes dos produtos e servizos a membros de asociacións empresariais ou da Administración, a través dos acordos de colaboración que Ineo teña asinados con esas entidades.
      • 7. Acceso ao servizo de información alertas (vía e-mail) de eventos e actividades de interese particular previamente seleccionadas polos socios.
    • DESENVOLVEMENTO DE NOVOS MERCADOS
      • 1. Beneficiarse dos encontros ou roldas de coñecemento e das relacións comerciais que se establezan coas empresas do norte de Portugal, participación en eventos, xornadas de traballo, ligazóns web, etc.).
      • 2. Posibilidade de acceder a estudos sobre mercados realizados por empresas de Portugal a través de acordos con organismos de promoción externa ou a través de axudas para a realización de estudos específicos.
      • 3. Participación conxunta e agrupada en eventos do sector TIC e non TIC nacionais e internacionais onde se poidan dar a coñecer os produtos e servizos a clientes potenciais.
  • INNOVACIÓN
    • INFORMACIÓN DO SECTOR E VIXILANCIA TECNOLÓXICA
      • 1. Acceso a financiamento, proxectos e socios en I+D+i a través das plataformas e dos centros tecnolóxicos nos que Ineo participa.
      • 2. Acceso ao Servizo de Análise da Viabilidade de ideas e proxectos susceptibles de obter socios e financiamento en I+D+i.
      • 3. Acceso á base de empresas de interese e á plataforma de cooperación que xestiona Ineo.
      • 4. Acceso á bolsa de proxectos e ideas que se desenvolvan en cooperación coa universidade.
      • 5. Acceso en condicións preferentes aos almorzos tecnolóxicos ou a seminarios sobre os últimos avances tecnolóxicos do sector TIC.
      • 6. Acceso ao Servizo de Vixilancia Tecnolóxica en I+D para o sector TIC.
    • MELLORA DE PRODUTOS E PROCESOS
      • 1. Acceso aos seminarios ou almorzos de traballo de difusión e información sobre a implantación de sistemas de calidade (axudas, información, etc.) e, en xeral, de información cara á que os socios demostren interese.
      • 2. Participación en proxectos cooperativos de implantación de sistemas de certificación nos que existan unhas condicións económicas preferentes para as empresas socias.
      • 3. Acceso á participación en grupos de traballo que teñan como obxectivo a implantación de sistemas de calidade dos procesos e nos produtos.
      • 4. Acceso a fórmulas de cooperación a través de comisións e grupos de traballo para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de interese común.
      • 5. Actuacións de interese (calidade, feiras, ferramenta, presentacións a sectores, mercado, etc.)
      • 6. Acceso a ofertas de grupo para servizos conxuntos, tales como certificacións, condicións bancarias preferentes, etc.
      • 7. Posibilidade de propoñer e participar en proxectos e actuacións de interese común para o seu desenvolvemento por parte de Ineo, como organismo intermedio, e con acceso a financiamento público.
      • 8. Participación en condicións preferentes en foros estratéxicos que se organicen sobre algúns temas de interese para socios, onde participen expertos e se presenten casos de éxito.
      • 9. Participación en seminarios ou cursos de mellora de produtos e procesos deseñados especificamente para as empresas TIC socias.
    • MELLORA DA FORMACIÓN
      • 1. Posibilidade de participar, en condicións preferentes, en proxectos cooperativos, por exemplo, o PEL (Programa de Especialización Laboral), que permitan un acceso a persoal formado e cualificado.
      • 2. Posibilidade de acceso a formación directiva desenvolvida especificamente para as tipoloxías de empresas TIC de Ineo.
      • 3. Posibilidade de acceso a formación continua para persoal non directivo en función das necesidades detectadas.
      • 4. Posibilidade de acceder e participar en estudos de análise das necesidades formativas das empresas de Ineo e dos sectores non TIC.
  • COOPERACIÓN
    • 1.  Posibilidade de presentar e desenvolver proxectos de cooperación para abrir novos mercados e negocios.
    • 2.  Acceso ao servizo de diagnóstico previo de axudas ás que poder acceder para o  desenvolvemento dos proxectos, a realización de investimentos e o crecemento das empresas socias.
    • 3.  Servizo individualizado de información e alertas (vía e-mail) para as tipoloxías de financiamento ás que cada empresa queira acceder (datos de finalización de subvencións, etc.)
    • 4.  Acceso a condicións preferentes para a solicitude e xestión de axudas, colectivas a través de Ineo ou individuais con cooperación e coordinación dende Ineo.
 
Sello Calidad   logo emas