Estás en: Ineo
Na xornada organizada por Ineo e Telefónica presentáronse os últimos avances en innovación
| 01/02/2010 Na xornada organizada por Ineo e Telefónica presentáronse os últimos avances en innovación |
|
|
|
|
Pola súa banda, o director de Relacións Internacionais e Programas Públicos de Telefónica I+D, José Jiménez Delgado, centrou a súa conferencia nos máis recentes desenvolvementos tecnolóxicos que Telefónica I+D (o maior centro de I+D de España, cun investimento en 2008 de 668 millóns de euros) desenvolveu e que se comercializarán nun futuro inmediato. En primeiro lugar, explicou como será a nova era das comunicacións, destacando a web 3.0 e a realidade virtual. Todas estas innovacións, como sinalou Jiménez Delgado, irán integrándose na forma de vivir dos cidadáns, variando, mesmo, o modo de goberno das poboacións, os transportes ou a eficiencia enerxética, entre outras moitas cousas. Para conseguir todo isto, Telefónica I+D está a traballar sobre diferentes liñas de traballo, innovando en novas maneiras de crear coñecemento, como as redes sociais, e colaborando en universidades e centros de formación, como o Massachusets Institute of Technology -MIT-, as Cátedras Telefónica de diferentes universidades e moitos outros centros de investigación ao redor do mundo. A continuación, chegoulle a quenda ao director xeral da empresa socia de Ineo Nextgal, Manuel Lagos, quen mostrou un caso concreto de éxito nunha empresa que utiliza a última tecnoloxía. Nesta compañía, na que traballan técnicos desprazados, conseguiron optimizar a asignación dos traballos utilizando un sistema de localización GPS. Entre outras moitas vantaxes, este sistema axuda a mellorar a seguridade dos empregados, reduce o custo e o tempo das chamadas telefónicas e diminúe os tempos de resposta de atención ao cliente e dos desprazamentos. |