Estás en: Ineo arrow Profesionais arrow Ineo prepara a execución do INSERTIC 2008

Socios

image53 image43 image81 image20 image70 image27 image74 image40 image28 image1 image21 image10 image83 image41 image100

Enlaces

logo smart.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image8 image12 image30 image9 image27 image21 image35 image25 image5 image3 image18 image31 image1 image20 image2
28/04/2008 Ineo prepara a execución do INSERTIC 2008 PDF Imprimir Correo-e
As empresas de Ineo poden contar con traballadores formados nun perfil profesional moi solicitado polo mercado tecnolóxico

Promovido por CONETIC, Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, o programa INSERTIC está financiado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Mediante este programa formativo, as empresas de Ineo teñen a posibilidade de contar con futuros traballadores formados nun perfil profesional moi demandado e solicitado polo mercado tecnolóxico. Ademáis de participar no proceso de selección do alumnado, o programa ofrece ás empresas socias a posibilidade de contar nos seus persoais con traballadores cunha base de formación completa en informática e que anteriormente á contratación realizaron xa prácticas en empresas.

A realización deste programa formativo responde a un obxectivo estratéxico de INEO que é o de responder ás necesidades de cualificación permanente dos profesionais do sector TIC en Galicia, representados na asociación, para asegurar a mellora das súas competencias individuais e o seu desenvolvemento profesional. Consideramos que a formación, tanto dos mozos que se incorporan como novos profesionais á actividade, como a dos xa empregados, é un elemento vital de avance xeral e satisfacción do persoal.

INSERTIC é un proxecto no que participan outras Asociacións Territoriais do sector e pretende formar a profesionais en distintas especializacións técnicas garantindo que no prazo de seis meses tras a impartición das accións formativas se contrate ao 60 % dos alumnos que superaron con éxito o proceso formativo.

 

Zona privada

Axenda

« < Xullo 2010 > »
L M M X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Eventos

Ningún evento

Destacados

Renovación Tecnológica
Microsoft

Sello Calidad   logo emas