Estás en: Ineo
Artemis TI, empresa socia, completa a súa certificación na norma ISO 27001
| 29/01/2010 Artemis TI, empresa socia, completa a súa certificación na norma ISO 27001 |
|
|
|
|
Artemis TI completou o proxecto realizado en colaboración con INEO de Certificación na norma ISO/IEC 27001. O proxecto (TSI-030200-2008-4) foi financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011. Artemis foi auditada recentemente pola filial en España do BSI entidade autora das normas que deron orixe ao estándar ISO/IEC 27001, que a propuxo para a súa certificación pola Central no Reino Unido, rexistro no que, até a data, figuran un reducido número de empresas españolas e é a primeira galega.
ISO/IEC 27001 é a única norma internacional auditable que define os requisitos para un sistema de xestión da seguridade da información (SGSI). A norma concibiuse para garantir a selección de controis de seguridade adecuados e proporcionais. Iso axuda a protexer os activos de información e outorga confianza a calquera das partes interesadas, sobre todo aos clientes. A norma adopta un enfoque por procesos para establecer, implantar, operar, supervisar, revisar, manter e mellorar un SGSI.
A actividade da empresa desenvólvese dentro das seguintes liñas de actuación: |