Estás en: Ineo arrow Rubén López Ferreiro, é o novo director xeral de Elogia España

Socios

image59 image10 image22 image92 image39 image46 image0 image58 image9 image44 image32 image73 image83 image7 image19

Enlaces

logo smart.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image30 image25 image35 image5 image18 image12 image20 image27 image8 image2 image16 image1 image3 image23 image21
13/10/2009 Rubén López Ferreiro, é o novo director xeral de Elogia España PDF Imprimir Correo-e

elogia media.png

 López Ferreiro (Santiago de Compostela, 1977), dirixe desde o ano 2000 a axencia de mercadotecnia interactiva viguesa Elogia Media, asociada a Ineo. Enric Aparici, conselleiro delegado e socio fundador que anteriormente exercía estas funcións, orientará a súa actividade á expansión internacional da compañía e a coordinación das diferentes filiais estranxeiras.

Elogia é un grupo de mercadotecnia e comunicación centrado en Internet. Actualmente conta con presenza en España, Portugal, México, Brasil e Arxentina. O motivador fundamental do cambio gerencial en Elogia España foi "o poder focalizar os nosos esforzos na nosa crecente internacionalización", apunta Enric Aparici. "Levamos traballando desde 1999 e desde hai dous anos entramos en mercados puxantes como Brasil ou México; isto esixe toda a nosa atención para crecer máis rapidamente", comenta Aparici.

Entre os seus plans de expansión a curto prazo está o abrir unha filial de Elogia en Italia.

O novo responsable de Elogia España é Rubén López Ferreiro, quen seguirá reportando ao conselleiro delegado Enric Aparici. Ferreiro é o director fundador da axencia de mercadotecnia interactiva Galiciabanner, integrada como división de medios de Elogia (Elogia Media, antes Galiciabanner) desde agosto de 2007. Agora, como director xeneral de Elogia España, "coordinarei os traballos das oficinas de Barcelona, Madrid e Vigo", asegura Rubén López Ferreiro. Prosegue o director xeral: "Os nosos obxectivos fundamentais serán reforzar a nosa presenza en Madrid e consolidar o negocio e cros-selling das cinco divisións de Elogia".

Entre as súas funcións como director xeneral de Elogia España, López Ferreiro manterá o control directo sobre a división viguesa Elogia Media, que duplicou o seu persoal desde a integración en Elogia.
 

Zona privada

Axenda

« < Xullo 2010 > »
L M M X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Eventos

Ningún evento

Destacados

Renovación Tecnológica
Microsoft

Sello Calidad   logo emas