Estás en: Ineo arrow Proponse a creación dun Grupo de Traballo de Exportación formado por empresas TIC galegas

Socios

image38 image72 image28 image73 image46 image30 image84 image14 image94 image34 image29 image55 image62 image15 image17

Enlaces

logo comerciotec.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image5 image8 image15 image29 image23 image27 image28 image17 image11 image25 image18 image7 image19 image2 image1
28/01/2010 Proponse a creación dun Grupo de Traballo de Exportación formado por empresas TIC galegas PDF Imprimir Correo-e
A iniciativa parte das empresas Quobis e Netex.
A idea é celebrar unha reunión que sirva como xerme dun grupo de traballo de exportación TIC galego, dirixida a todas as empresas galegas do sector que teñan implementadas liñas de traballo de internacionalización ou que queiran avanzar nese campo.
Esta reunión terá lugar o vindeiro xoves 11 de Febreiro ás 15:30 h., no Auditorio Obradoiro do Centro On de Caixa Galicia, Rúa Nova 33, Santiago de Compostela.
O obxectivo do encontro é pór en coñecemento mercados e tipos de clientes obxectivo dos participantes, de forma que se poidan planificar liñas de traballo conxuntas en áreas como:
 - Asistencia e/ou participación conxunta en feiras tecnolóxicas internacionais
 - Participación conxunta e/ou organización de misións comerciais ou encontros empresariais internacionais
 - Creación de consorcios de exportación en zonas xeográficas determinadas
 - Creación de centros de negocio ou redes de axentes comerciais no exterior conxuntas
A inscrición deberá facerse por correo electrónico  Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
Sello Calidad   logo emas