|
INTECO, Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, acaba de presentar unha nova edición de ENISE, Encontro Nacional de Seguridade da Información.
ENISE celebrarase en León do 26 ao 28 de outubro e servirá para debater os novos retos da seguridade electrónica, nun amplo programa de relatorios e talleres prácticos.
En concreto, debaterase sobre os Esquemas Nacionais de Seguridade, sobre a ciberseguridade no contexto das políticas relativas á Xustiza, Liberdade e Seguridade e, por último, abordaranse as cuestións relativas á Identidade Dixital.
As empresas que queiran participar como relatoras, poden facelo enviando este formulario ou consultando a web de ENISE, na que se informa ademais do Premio ENISE ao DNIe, co que se pretende promocionar os servizos que utilicen o DNIe como forma de autenticación.
|
|
 |
O Consello de Ministros acaba de dar luz verde á Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2.
Esta segunda fase supón a continuación do primeiro Plan Avanza, incorporando as actuacións en execución e actualizando os seus obxectivos iniciais para adecualos aos novos retos da Sociedade en Rede.
|
|
|
 |
A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes, para a financiación de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
- Orde do 15 de xullo de 2010
|
|
|
 |
El Euro, suplemento de economía das edicións dominicais de Atlántico Diario e La Región, acaba de publicar unha ampla reportaxe sobre os proxectos de innovación que está desenvolvendo a empresa socia Imaxdi.
Podes ler esta reportaxe aquí.
|
|
|
 |
NextVision, empresa socia de INEO, sinala que comprobar a seguridade informática de calquera aplicación web converteuse nunha necesidade das empresas.
A mellor estratexia para garantila é someter os servizos e aplicacións web a intentos de hacking ético de maneira periódica.
|
|
|
 |
Representantes de AENOR, EQA e DNV entregaron estas acreditacións nun acto celebrado o xoves 15, no Auditorio da Zona Franca de Vigo.
A obtención destas certificacións inscríbese no proxecto coordinado por INEO para impulsar a Excelencia Empresarial no sector TIC de Galicia.
Consulta aquí a noticia publicada en La Voz de Galicia.
|
|
|
|
O Goberno acaba de aprobar a Estratexia Estatal de Innovación (e2i), deseñada polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) para impulsar el desenvolvemento tecnolóxico.
O investimento global desta Estratexia ascende a 6.700 millóns de euros, dos que seis millóns de euros se destinarán a este exercicio 2010.
|
|
|
|
|
A consellería de Economía e Industria acaba de anunciar a creación dun Fondo de Capital Risco Xes Innova, dotado con 2 millóns de euros e cuxo obxectivo é financiar proxectos innovadores desenvolvidos desde Galicia.
Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, anunciou a creación deste fondo na inauguración das xornadas Vindeira Capital Network, celebradas o 6 e o 7 de xullo en Santiago.
|
Nelas, emprendedores galegos do sector TIC presentaron os seus proxectos aos principais fondos de investimento e redes de business angels de España.
Estas xornadas constitúen a posta de longo de Vindeira Capital Network, unha plataforma tecnolóxica galega impulsada polo Cluster TIC e Gradiant para consolidar o crecemento do sector TIC.
Un dos grandes obxectivos é a captación de ao redor de 10 millóns de euros para financiar proxectos TIC desenvolvidos por empresas galegas.
Máis información
|
|
 |
Nunha ampla entrevista publicada en "El Ideal Gallego", Ramón Ares valora as achegas do sector TIC ao avance da economía galega e o grao de cumprimento dos obxectivos marcados para este ano.
O director xeral e fundador da empresa socia OZONA CONSULTING valora ademais as vantaxes do "cloud computing", unha nova solución tecnolóxica que destaca pola súa inmediatez e a súa rendibilidade, como valora Ares.
|
Consulta aquí a entrevista completa
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Remate >>
|
| Resultados 10 - 18 de 85 |