|
http://www.arteixotelecom.com/ é o novo portal dixital desta empresa socia de INEO.
Este portal dá acceso a unha nova plataforma de xestión, a través da cal os clientes de Arteixo Telecom poden facer o seguemento dos seus proxectos, en tempo real e desde calquera lugar do mundo.
Con iso, a empresa estrea un novo vehículo de comunicación cos seus clientes, colaboradores e provedores, utilizando a tecnoloxía máis avanzada para alcanzar a excelencia en Calidade e Servizo ao Cliente.
|
|
|
O seguemento online dun partido de fútbol xera un importante volume de tráfico que, segundo advirte NextVision, pode saturar e degradar o rendemento das redes corporativas e impedir a dispoñibilidade de servizos críticos para a organización.
Por iso, Roberto Heker, director de NextVision Ibérica, recomenda a implantación de políticas de uso de Internet nos centros laborais, baseadas en aplicacións que permitan xestionar eficazmente o ancho de banda e garantan un filtrado do tráfico web ou o control dos contidos consultados.
|
|
|
ULTREIA Comunicacións, empresa asociada a INEO, celebra o próximo 29 de xuño en Madrid unha xornada informativa sobre "Solucións de Almacenamento para Virtualización".
Esta xornada contará coa participación de Eduardo Díaz, CEO de ULTREIA, quen dará paso a Josh Leslie, Vicepresidente de CORAID, para explicar as vantaxes dos Sistemas de Almacenamento desenvolvidos por esta empresa.
Posteriormente, intervirá Julie Lamolie, Head Manager de ARKEIA, para expor as Solucións de Backup para virtualización con VMWare.
Máis información: www.coraid.es
|
|
|
INEO e ATOS ORIGIN acaban de asinar un convenio de colaboración para impulsar a participación de empresas galegas asociadas a INEO en proxectos estratéxicos de I+D+i.
Este acordo, o primeiro destas características asinado pola multinacional en Galicia, ten unha dobre vertente.
En primeiro lugar, servirá para potenciar a participación das empresas asociadas a INEO en proxectos estratéxicos de I+D+i xestionados por ATOS ORIGIN.
O segundo grande obxectivo é a atracción de fondos a proxectos estratéxicos desenvolvidos desde Galicia e nos que interveñan INEO ou as súas empresas asociadas.
|
|
|
SITE 2010 converteuse xa nunha cita imprescindible para todas aquelas empresas e profesionais vinculados ás novas tecnoloxías.
Do 17 ao 18 de novembro, A Coruña actuará como escaparate de presentación de novos produtos e servizos nos ámbitos do comercio electrónico, os servizos financeiros e, en xeral, todos aqueles ámbitos vinculados ao proceso de dixitalización que están a experimentar institucións públicas e privadas, organizacións empresariais e cidadáns.
O acto principal deste Salón será o Congreso SITE 2010, cuxa Conferencia Inaugural correrá a cargo de Chris Skinner, autoridade mundial no ámbito das novas tecnoloxías aplicadas a servizos financeiros.
Paralelamente, desenvolveranse numerosas actividades de networking, entre as que destaca a Misión Inversa de Importadores e Distribuidores Internacionais de Italia e Reino Unido, organizada pola Cámara de Comercio da Coruña.
|
|
|
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) convoca este galardón, patrocinado por INEO.
O obxectivo do I Premio INEO é recoñecer aqueles produtos ou servizos innovadores desenvolvidos desde Galicia e destacados pola súa calidade e a súa aportación ao crecemento económico.
O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o vindeiro martes, 6 de xullo de 2010.
Bases do Premio
Memoria da Candidatura
|
|
|
A Unidade de Reprodución Asistida do Hospital A Nosa Señora de Fátima, en Vigo, é un dos primeiros centros sanitarios de España en implantar a innovadora tecnoloxía ImaxData, desenvolvida pola empresa socia IMAXDI.
ImaxData dixitaliza en tempo real as anotacións manuscritas dos laboratorios desta Unidade. Con iso, redúcense un 80% os procesos administrativos e complétanse en poucos minutos trámites que antes duraban máis de dúas horas.
Máis información:
- Portal TIC
- ABC
|
|
|
A Escola de Organización Industrial, en colaboración coa Dirección General de Política de la Pequeña y Mediana Empresa, presenta unha convocatoria pública para o "Servizo de Consultorías individualizadas dirixidas a mellorar a competitividade das Pemes".
|
|
|
Elogia, empresa socia de INEO, acaba de crear unha nova liña de negocio, denominada Elogia Mobile.
Baixo a responsabilidade de Toni Perera, director de Elogia Data, Elogia Mobile nace co obxectivo de ofrecer servizos de Mobile Marketing, mediante o uso da tecnoloxía máis avanzada en iPhone VOS ou Android.
|
|
|