Estás en: Ineo

Socios

image80 image44 image46 image49 image77 image91 image27 image13 image53 image1 image9 image74 image31 image15 image39

Enlaces

logo smart.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image25 image5 image2 image12 image23 image8 image20 image35 image9 image16 image3 image31 image21 image1 image18

Novas Destacadas

26/07/2010 Anuncio de contratación pública de Ineo

Ineo abre un concurso público que ten por obxecto a elaboración dun Plan Estratéxico para a asociación.
 
As características básicas dos Pregos de Contratación (descargables) son as seguintes:
- Obxecto: Elaboración dun Plan Estratéxico para INEO, e os traballos encamiñados á súa correcta xustificación 
-  Prazo de recepción das propostas: Luns 2 de Agosto ás 12:00 da mañá 
-  Prezo máximo: 60.000 € (+ IVE)
Rógase aos interesados envíen as súas propostas antes do prazo establecido como límite á dirección de correo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Descargar pregos

Ineo
14/06/2010 INEO: "As empresas TIC cren no futuro, son optimistas"

jorge cebreiros.jpgNunha entrevista publicada en Galicia Hoxe, Jorge Cebreiros, Presidente de INEO; expón as fortalezas do sector TIC para afrontar a actual coxuntura económica e as súas expectativas de desenvolvemento para este exercicio 2010.

Consulta aquí a entrevista:

- Edición impresa

- Edición online

 
Ineo
11/06/2010 INEO representa ao sector TIC nos Debates de El Correo Gallego

Jorge Cebreiros, Presidente de INEO, representou ao sector TIC no Debate económico organizado por El Correo Gallego recentemente.

 

Neste debate, INEO valorou xunto a representantes do sector naval, da hostalería e das artes gráficas as últimas medidas anunciadas polo Executivo para facer fronte á actual conxuntura económica.

 

O evento protagonizou unha dobre páxina na edición dominical de El Correo Gallego, ademais de ser emitido en Correo TV e Radio Obradoiro.

 

Consulta aquí a noticia.

 
Ineo
11/06/2010 INEO: "Galicia ten que competir en Europa xa"

Jorge Cebreiros, Presidente de INEO, valora nunha ampla entrevista publicada o domingo 06/06/2010 por Xornal de Galicia as oportunidades e as expectativas do sector TIC para este ano.

Consulta aquí a entrevista.

 
Innovación
02/06/2010 Axudas para a incorporación de novas tecnoloxías no transporte público por estrada

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de novas tecnoloxías no transporte público por estrada. 

Orden publicada no DOG

 

 
Novas TIC
02/06/2010 Dous proxectos galegos, finalistas dos Premios T-incluye

Dous proxectos galegos están entre o vinte finalistas dos Premios T-incluye, que recoñecen ás páxinas web españolas máis inclusivas, é dicir, aquelas que usan unha linguaxe non sexista.

 

 
Ineo
31/05/2010 INEO, o COETG e R celebran o Día Mundial da Sociedade da Información

acto coetg ineo.jpg

Co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, celebrado o pasado luns 30 de maio, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) e INEO organizaron un coloquio sobre “A próxima liberación de frecuencias do espectro radioeléctrico: o impacto nos modelos de negocio dos operadores de telecomunicación”.

Antonio Rodríguez del Corral, director de Desenvolvemento de Negocio de R; Miguel Merino Gil, vicedecano do COETG e mais Jorge Cebreiros, presidente de INEO, foron os protagonistas deste coloquio, celebrado no salón de actos da Zona Franca de Vigo.

 

 

 
Internet e contidos
31/05/2010 Elogia reúne con éxito a Google, Privalia e The Brandery en "Geek Caffeine"

elogia media.pngGrandes marcas do marketing e e da comunicación online, como Google, Privalia, The Brandery, Ecommretail e MRW, participaron no "Geek Caffeine 2010: Fashion Edition", organizado o pasado xoves 27 en Barcelona pola axencia de marketing ELOGIA, empresa asociada a INEO.

 

 
Novas TIC
31/05/2010 Imatia gaña o Premio EmprendedorXXI en Galicia

imatia.pngIMATIA, empresa socia de INEO con sede en Pontevedra, acaba de gañar a fase autonómica da segunda edición celebrada en Galicia do Premio EmprendedorXXI, convocado por La Caixa e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e promovido pola Confederación de Empresarios de Galicia.

IMATIA é unha empresa dedicada ao I+D que nace coa vocación de pór a tecnoloxía a disposición da sociedade. Con este obxectivo, centra a súa actuación no desenvolvemento de tecnoloxías que melloren a produtividade e acheguen solucións tanto a clientes finais como a outras empresas, mediante una estratexia de alianzas na súa contorna empresarial.

 
Internet e contidos
20/05/2010 Nextvisión advirte de que o acceso ás redes sociais desde o traballo aumenta un 70% o risco de ataques informaticos
roberto heke.jpgRoberto Heker, director de NextVision Ibérica considera que "a solución non é prohibir o acceso senón instruír aos empregados sobre o uso destas plataformas". Para iso propón establecer unha política formal sobre a utilización das redes no ámbito profesional que determine o tempo e horarios de conexión así como o persoal autorizado para acceder ás redes sociais.
Acceder ás redes sociais desde o traballo supón un risco para as empresas xa que se incrementa nun 70% as probabilidades de ser vítima dun ataque informático. As redes sociais móstranse como importantes ferramentas de comunicación empresarial e o seu rápido desenvolvemento permitiu explorar novas vías para difundir a información con provedores, clientes ou en plataformas de mercadotecnia pero tamén introduciron novos riscos para a seguridade informática.
Na actualidade, en España, tres de cada dez usuarios das redes sociais conéctanse desde os seus postos de traballo e este tipo de acceso creceu durante o último ano un 16% o que provoca que as empresas presenten cada vez maior vulnerabilidade polos datos que os seus traballadores intercambian con outros usuarios e polo uso que fan destas plataformas no tempo de traballo.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Remate >>

Resultados 28 - 36 de 85
Sello Calidad   logo emas