|
Elogia media, empresa socia de Ineo, abriu recentemente unha nova oficina en São Paulo, no barrio de Vila Mariana. A empresa, que xa tiña unha oficina en Río de Janeiro, estrea esta nova oficina co fin de contribuír ao desenvolvemento de Elogia Brasil. O director da oficina é Tomás Penido, e o responsable de Medios Rafael Oliveira.
Doutra banda, Elogia renóvase e aumenta o número de profesionais no seu equipo de Barcelona. Ao persoal de Elogia Ipsofacto incorpórase Mª José Maturana, nacida en Chile, socióloga e actualmente estudante do Master en Investigación en Sociología na UAB. Na súa etapa chilena, Mª José traballou para Starcom/Mediavest, levando proxectos de investigación para clientes como Diageo, Fiat, ING, Banco Santander, Coca Cola... Na mesma unidade incorpórase Marcelo Bisbal, español nado en Venezuela e economista. En Caracas traballou como técnico de proxectos no instituto Request e posteriormente como analista senior en temas de investigación cuantitativa nunha consultora de Mercadotecnia. Toni Perera, Jordi Domenech e Álvaro Malmierca completan a listaxe profesionais recentemente incorporados á empresa.
|