Estás en: Ineo arrow Dynamic Soft obtén un certificado de cumplimento da LOPD para o seu software Dynamic SEG V3

Socios

image2 image93 image28 image23 image90 image38 image46 image62 image48 image84 image92 image35 image54 image4 image69

Enlaces

logo comerciotec.jpg 

 

 

 

Colaboradores

image25 image3 image17 image29 image8 image18 image11 image21 image15 image19 image2 image1 image28 image5 image7
29/01/2010 Dynamic Soft obtén un certificado de cumplimento da LOPD para o seu software Dynamic SEG V3 PDF Imprimir Correo-e

dynamic soft.pngO software de xestión de corredores de seguros Dynamic SEG V3, elaborado pola empresa socia Dynamic Soft, dispón de mecanismos que permiten dar cumprimento ás medidas de seguridade de nivel básico esixidas no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos Persoais. Así consta no certificado expedido á empresa a comezos deste mes de xaneiro e con vixencia durante un período de tempo ilimitado para esta versión. A conformidade do certificado fai referencia en concreto ás seguintes áreas: identificación e autenticación, control de acceso, copias de respaldo e de recuperación, telecomunicacións e tratamentos especiais.

Dynamic SEG é un sistema ERP para controlar e xestionar todos os procesos de negocio dun corredor de seguros. Este sistema foi creado co obxectivo de solucionar moitos dos problemas que se expoñen en ámbitos onde se están librando as grandes batallas con empresas competidoras. Trátase de temas tales como o servizo ao cliente, a calidade, o fluxo de caixa, optimización dos recursos e redución de custos de estrutura. En cada módulo desta aplicaicón analizáronse os problemas máis relevantes que se expoñen en moitas empresas e deseñouse unha maneira sinxela de solucionalos.

Pola súa propia natureza, Dynamic SEG, achega todos os recursos necesarios para a Xestión dos corredores de seguros, limitando os procesos á mínima expresión e mostrando ao usuario a máxima información dunha só ollada.  

Dynamic Soft é unha compañía especializada no desenvolvemento e implantación de Software de Xestión ERP (Planificación de recursos empresariais). Trátase dunha compañía concibida desde o primeiro momento como un proxecto de futuro, cunha política de adaptación constante aos requirimentos de mercado e ás máis novas tecnoloxías. As suxestións máis demandadas polos clientes teñen prioridade absoluta no desenvolvemento das novas versións dos produtos.

 
Sello Calidad   logo emas